AXENCIA DE TRADUCIÓN TRADUCIÓNS LINGUAVOX

Traducións LinguaVox é unha empresa con oficinas en Europa e nos Estados Unidos, que ofrece traducións en case calquera combinación de linguas e áreas de especialización: desde traducións xerais e comerciais ata técnicas e científicas, traducións xuradas oficiais, traducións médicas e farmacéuticas, traducións de páxinas web e sitios web e localización de software e videoxogos. Se lle encarga o seu proxecto de tradución a LINGUAVOX, recibirá unha tradución cunha tripla garantía de calidade:

SERVIZO DE TRADUCIÓN

  • De calquera tipo de material. Tradución de manuais de usuario, de servizo e técnico, sitios web corporativos, programas informáticos, revistas e periódicos, artigos e ensaios académicos, guións publicitarios, documentais de empresas, videoxogos, etc.
  • En case calquera combinación de linguas. Temos máis de 8.000 tradutores freelance na nosa base de datos e podemos ofrecer traducións en máis de 1.500 combinacións de linguas diferentes, incluíndo as combinacións de linguas minoritarias.
  • Cos paquetes de software máis usados habitualmente. Traducións con programas de tradución específicos como SDL Trados, Déja Vu ou Star Transit, programas de deseño como Framemaker, PageMaker, InDesign, Adobe Illustrator ou Quark, ou software de localización como Corel Catalyst ou Multilizer.
  • No prazo de tempo que vostede decida. Temos unha ampla experiencia na xestión de proxectos de tradución urxentes cun calendario de entregas moi axustado.
  • Traducións de calidade. Dámoslle o noso mundo... en calquera lingua.
  • Tamén ofrecemos un servizo de interpretación en España e noutros países. Consúltenos sen compromiso.
Se desexa máis información sobre LinguaVox, solicítenos unha presentación con información detallada sobre o noso sistema de calidade e sobre as nosas tarifas de tradución para máis de 550 combinacións de idiomas. Agora a presentación está dispoñible en inglés, francés, alemán, italiano, español e catalán.