Proceso de calidade

O noso equipo de coordinadores estudia cada proxecto de traducción detidamente e busca na nosa base de datos traductores que teñan de lingua materna a lingua destino e que estean especializados no eido técnico do documento. Unha vez entregado o traballo, o noso equipo de revisores revisa a traducción ou se lle asigna a un revisor externo.

A pesar deste exhaustivo proceso de calidade, para garantir a calidade do documento final, é imprescindible a colaboración do cliente para solucionar as dúbidas técnicas que lle xurdan ó traductor ó longo do proceso de traducción. O cliente deberá facilitarnos unha persoa de contacto a quen poder consultar e documentación adicional, se é preciso.

Con tódolos traballos de traducción, entregamos ó cliente un glosario técnico bilingüe ou plurilingüe coa terminoloxía específica do eido técnico da empresa. Entón o cliente deberá revisa-lo glosario e corrixilo, se atopa erros, para garanti-lo emprego da terminoloxía correcta en futuros traballos de traducción. O glosario específico da empresa do cliente irase aumentando a medida que se traduzan máis documentos, garantindo así unha traducción fiel e o emprego da terminoloxía adecuada.

(c) LinguaVox, S.L. www.LinguaVox.net