Emprego para tradutores 
Se vostede é un tradutor técnico ou xurado, un revisor, un avaliador ou un corrector con experiencia nunha área técnica, un localizador de software ou videoxogos, un intérprete, un deseñador, un profesional da dobraxe, etc. e desexa que LinguaVox o teña en conta para futuros traballos, descargue o noso formulario para colaboradores en Español ou Inglés, cúbrao e envíeo ao enderezo de correo electrónico que aparece nel.
O formulario é un arquivo de Excel con macros que vostede deberá activar para poder cubrilo correctamente.
Grazas por dedicarnos o seu tempo. Esperamos poder traballar axiña con vostede.